Volver a Próximas actuacións 2019

U-la Lúa?

U-la Lúa? é dunha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar. 

Título do espectáculo: U-la Lúa?

Nome da compañía: A Xanela do Maxín

Idades recomendadas: a partir de 3 anos

Duración: 50 minutos

Técnica:  monicreques de mesa e música en vivo

Idioma: galego