Volver a Próximas actuacións 2019

Títeres a cielo abierto

Un espectáculo familiar que invita ao público a interactuar a través de divertidas historias.

Un monstro do centro da terra parece un terrorífico ser. Pero rapidamente descubriremos que, de feito, é un sociable e tenro monstro alaranxado.

Un rapaz chamado Perigo vén decidido a conquistar o mundo e buscará entre o público aos seus novos secuaces. Conseguirá atopar algún neno “malvado” que lle axude a concretar o seu maléfico plan ou será máis forte o desexo de protexer o noso planeta e os seres que viven nel?

Manu e o seu monicreque, Luis, intentan poñerse de acordo sobre quen dos dous manda, un conflito clásico onde Luis ensinará a Manu a ver as cousas dende outro punto de vista

Título do espectáculo: Títeres a cielo abierto

Nome da compañía: Manu Mansilla

Idades recomendadas: a partir dos 3 anos

Duración: 60 minutos

Técnica: mesa, variña e bocóns

Idioma: castelán